• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
The Trunks

The Trunks é unha banda indierock de Sada que nace en 2011 e está formada por Rodrigo Valiente (voz e teclados), Manuel Nuky (guitarra), Fran Yosi (guitarra), Rubén Suárez (baixo) e Rob Toretto (batería).

En 2012 participan na 15ª edición do Festival Sonorama compartindo cartel con grupos como Vetusta Morla, Love of Lesbian ou Dinero. En 2013, ademais de xirar por toda a xeografía galega, The Trunks consegue facerse un oco no Festival Sardines de Sada no que comparten escenario con Dorian, Sidonie e Miss Caffeina. En 2014 son galardoados co primeiro premio na Batalla de Bandas Sada Rock, premio á mellor banda de A Coruña de Cuac FM e mellor banda no Festival MúsicaXove celebrado en Santiago de Compostela; en este mesmo ano coinciden no escenario con varios grupos consolidados como Los Suaves.

En novembro gravan o seu primeiro videoclip, “Mágica”, con María Mera como actriz protagonista e en xuño de 2015 lanzan o seu primeiro disco “Bipolar” (2015). Reciben o primeiro premio do Festival Castelo Music 2015 ao mellor grupo e, en agosto, participan no Sonorama 2015, poñen patas arriba a Praza da Sal no escenario Red Bull Tour Bus.

Recentemente obteñen o primeiro premio no concurso de bandas Rock in Río Tea 2016 ademais de actuar no Sonorama 2016 por segundo ano consecutivo, desta volta na Praza do Trigo e con aforo completo. En 2016 tamén entran nos Estudios Neo para gravar o seu segundo traballo, “Sobre excusas y fragmentos” (2016), da man de José Caballero xunto con Alex Cappa de TMF Studios ao cargo da masterización.

Discografía

Sobre excusas y fragmentos

THE TRUNKS

2016, The Trunks

Bipolar

THE TRUNKS

2015, The Trunks

Vídeos

Manuales de supervivencia

THE TRUNKS

Mágica

THE TRUNKS

Tal vez tamén che gusten