• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Treixadura

TREIXADURA constitúe, desde 1990, un espectáculo musical sorprendente. A música tradicional observada desde dúas concepcións ben arraigadas: o canto e a gaita.

TREIXADURA é sinónimo de música tradicional, ritmos, cantigas e instrumentos galegos que encaixan tanto nas romarías máis populares coma nas festas e eventos urbanos, co obxectivo de que o público goce bailando, cantando e escoitando a música dos seus 15 compoñentes que, provindo de propostas musicais variadas, teñen en común o gusto e o respecto pola música tradicional, motivo abondo para que hoxe representen e dignifiquen este proxecto. 20 anos de gravacións e concertos, 5 discos no mercado, unha variada gama de colaboracións discográficas, e vida en común. Dúas décadas compartindo co público o poder e a forza evocadora, máxica e reconfortante do canto colectivo.

“Esa si que é muiñada” (Treixadura, 2011) é un traballo que pretende revivir a música e os cantos populares que aínda se agochan no substrato dun pobo que garda con celo o seu patrimonio cultural.

Para desenvolver toda esta declaración de intencións o grupo conta coa colaboración dos coros decanos galegos “Cantigas e Agarimos” (Santiago de Compostela), “Cantigas da Terra” (A Coruña), “Real Coro Toxos e Froles” (Ferrol), a “Coral de Ruada” (Ourense) e a “Agrupación Musical do Rosal” (O Rosal, Pontevedra).

Os cantos que aínda hoxe viven nas tabernas, nos seráns, nos gaiteiros, nos coros, nas bandas, que permanecen en nós desde a noite dos tempos.

Contratación

Treixadura
Antón Rodríguez
(+34) 986 337 069 - (+34) 678 578 013
correo@treixadura.com / anton@armusica.es

Discografía

Esa si que é muiñada

TREIXADURA

2011, Treixadura

Unha semaniña enteira

TREIXADURA

2007, Pai Música

Unha noite non é nada

TREIXADURA

2003, Edicións do Cumio

Unha noite no muiño

TREIXADURA

1999, Edicións do Cumio

Obrigado

GAITEIROS TREIXADURA

1996, Cormorán

Vídeos

Muñeira de Santo Amaro

TREIXADURA

Fisterra

TREIXADURA

Foliada marmuradora

TREIXADURA

Vendima tarda (Making of)

TREIXADURA

Se chove

TREIXADURA

Tal vez tamén che gusten