• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
AILÁ

Ailá é unha proposta inspirada na música tradicional de transmisión oral co obxectivo de facer bailar e de sentir esa enerxía universal feita “de raíces e de ás”, pero tamén é unha proposta semántica, un neoloxismo para nomear a esencia emocional do noso pobo presente “nos ecos da memoria de quen nos precedeu”.

Ailá mergúllanos no universo folk; ou tradi, como prefiren denominalo eles, cuns impecables arranxos desde as recollidas históricas do saber musical popular. Isto, unido á peculiar formación composta por catro músicos, dálle un carácter único, achegando unha nova sonoridade ao seu repertorio tradicional; unha nova proposta que vén do folk para converterse en tradi.

Ademais, con esta nova proposta artística Ailá pretende facer chegar a súa música de raíz ás xeracións máis novas, cunha linguaxe e sons máis próximos sen perder a esencia, achegando unha visión máis ampla do universo musical no panorama actual e creando o seu particular estilo tradi.

Ailá fráguase nas máxicas noites de foliada na Casa das Crechas, a cal, ao baixar o pano, sempre daba acubillo a algunhas e algúns dos protagonistas para seguir facendo música. Estas pequenas sesións musicais nutríanse dun repertorio inspirado en arquivos sonoros, cancioneiros populares e gravacións musicais antigas que, entre todas e todos os presentes, dábanlle forma e insuflaban vida.

Contratación

AILÁ
Xan Pampín
669 745 064
aila.mail.gz@gmail.com

Discografía

SANSOLIMÓN

AILÁ

2023, KARONTE

AILÁ DE NADAL

GUTIER ÁLVAREZ, PEDRO PASCUAL, ANTÍA VÁZQUEZ, UXÍA CABANAS E ANDREA CABANAS, NIKOLAI VELIKOV, UXÍA GARCÍA CONDE, MANUEL REY ROMERO .

2023, Autoedición

AILÁ

AILÁ

2021, Autoeditado

Vídeos

San Andrés

AILÁ

Muiñeira de Frades

AILÁ

Tal vez tamén che gusten