• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Xosé Constenla

Xosé Constenla é un cantautor galego con case 20 anos de traxectoria. Durante este tempo ten editado tres discos (“Quen fixo berrar ao silencio” –2005–, “Olladas dun entusiasta” –2008– e “Sinecismo” –2013–) e ofrecido máis de 350 concertos e recitais. As súas músicas tratan de amosar estados de ánimo e impresións sobre o acontecer social e algunhas visións persoais de intrahistorias cotiás que están sometidas a unha constante avaliación sentimental. Xosé Constenla foi escollido para participar en distintos ciclos e certames de canción autor, así como distinguido con diversos premios pola súa produción.

O 28 de xuño de 2013 gravou en directo no Salón Teatro de Compostela o seu terceiro disco, titulado “Sinecismo”. O traballo está composto dun CD (cunha escolla de cancións) e un DVD (coa gravación íntegra). Para esa ocasión estiveron presentes músicos do nivel de: Javier Constenla (piano), Leo Gianetto (guitarra), Rober Vázquez (batería) e Kike Calzonetti (baixo).

Ao longo do ano 2015, Xosé Constenla estivo traballando no seu cuarto álbum que será publicado a comezos de 2016 co título de “Virada por avante”. Este traballo foi producido por Fredi Marugán e masterizado por Oscar Herrador (Stateroom Studios). As cancións deste disco achéganse ao folk rock americano e as guitarras acústicas adquiren un papel protagonista. “A luz entre a desorde” foi o tema escollido como lanzamento desta produción.

Contratación

Setestrelo Editora
Xosé Constenla Vega
(+34) 618 123 883
setestreloeditora@gmail.com

Discografía

Virada por avante

XOSÉ CONSTENLA

2015, Setestrelo Editora

Sinecismo - Xosé Constenla ao Vivo

XOSÉ CONSTENLA

2013, Setestreloeditora

Olladas dun entusiasta

XOSÉ CONSTENLA

2008, Setestreloeditora

Quen fixo berrar ao silencio

XOSÉ CONSTENLA

2005, Falcatruada

Vídeos

Deixa que me libre

XOSÉ CONSTENLA

Ollos axenebrados

XOSÉ CONSTENLA

Aluz entre a desorde (videclip oficial)

XOSÉ CONSTENLA

Sinecismo Acústico

XOSÉ CONSTENLA, LEO GIANNETTO

Xose Constenla ao VIVO

XOSÉ CONSTENLA

As horas da semana

XOSÉ CONSTENLA

Tal vez tamén che gusten