• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Luis Moro

Despois de formar parte de bandas coruñesas como Mephisto’s, 69 Monjas e Moro, esta última xunto ao seu curmán Enrique e co que deixa dúas maquetas, "Blood of Mystery Man" e "Zona", Luis comeza unha traxectoria persoal cunha primeira parte composta por dous traballos de son rock, fresco, directo e contundente, titulados "Psicodelia?" (Falcatruada, 2003) e "Los Vulnerables" (Falcatruada, 2005).

Pero o universo musical de Luis Moro dá un xiro importante co seu terceiro traballo discográfico "Defectografía" (Laboratorio Azul, 2006), dando inicio ao que se podería chamar unha triloxía sonora de inspiración introspectiva. Este terceiro traballo navega pola noite, a soidade, os clubs de música e a estrada, e séguelle "Carnaval humano" (Laboratorio Azul, 2010), un disco de natureza árida, de fronteira, cos americáns Calexico no retrovisor. Un disco de ruptuta e refleción dende a dor á superación.

O seu último traballo é "Cielo color burdeos" (Laboratorio Azul, 2013). Un álbum de personaxes, tamén conceptual, que xira de forma relacionada arredor do viño e as mulleres, simbolizando varios momentos definitivos da vida de alguén que compartiu, xunto a cinco mulleres e co viño por medio, unha relación íntima. Un disco elegante e nostálxico, de clara natureza literaria, no que colaboraron Jose García (Pülsar), Andrés Saavedra (Pülsar), Felix Arias (Lovely Luna) ou Fran Borrego (Julio Suárez y los Backyards). Móstrase en vivo en solitario e en formato banda xunto a Tribeca’s Band .

Contratación

Luis Moro
(+34) 690 376 088
contacto@luismoro.net

Discografía

Cincoparedes

CINCOPAREDES, NANDO DEIBE, LUIS MORO, CÉSAR DE CENTI, SILVIA PENIDE, FÉLIX ARIAS

2015, Cincoparedes

Cielo color Burdeos

LUIS MORO

2013, Laboratorio Azul

Carnaval humano

LUIS MORO

2010, Laboratorio Azul

Defectografía

LUIS MORO

2006, Nothing Toulouse / Laboratorio Azul

Los vulnerables

LUIS MORO

2005, Falcatruada

En lo profundo (EP)

LUIS MORO

2005, Falcatruada

Psicodelia?

LUIS MORO

2003, Falcatruada

Vídeos

Cielo color Burdeos (videoclip)

LUIS MORO

Marianne (videoclip)

LUIS MORO

Viento y ocaso (videoclip)

LUIS MORO

Balada de un globo negro (live)

LUIS MORO

Desde que decidiste no volver (videoclip)

LUIS MORO

Despertares literarios (videoclip)

LUIS MORO

Tal vez tamén che gusten