• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Pedraquetiña

Pedraquetiña presenta o seu disco “Cantares” co que quere facer un agasallo a todas as persoas que senten na música tradicional o mellor medio de convivencia e divertimento á vez que axuda a manter viva a inquedanza pola nosa cultura musical.

Nos seus concertos preséntanse cunha formación de 14 persoas na que predomina o feminino: 10 cantareiras, máis dúas gaitas, tambor, bombo e acordeón.

O espectáculo iníciase cunha pequena representación, por parte de varias das compoñentes, do que sería unha xuntanza de mulleres realizando tarefas domésticas e labores que lle eran propias no ámbito rural tempos atrás (debullar millo, cardar la...) mentras se contan historias e anécdotas da vida cotiá. Esta breve representación dá paso ao inicio do concerto.

O seu repertorio está composto polos temas que compoñen este disco, no que se inclúen pezas recollidas da tradición popular, arranxadas especialmente para este traballo, e outras de composición adaptadas á estética de Pedraquetiña. O concerto complétase con outras pezas do repertorio tradicional e algunhas de autor.

Contratación

Armúsica
Antón Rodríguez
(+34) 986 337 069 - (+34) 678 578 013
anton@armusica.es

Discografía

Cantares

PEDRAQUETIÑA

2012, Treixadura

Vídeos

Muiñeira da Rula (Fragmento)

PEDRAQUETIÑA

Fragmentos concerto Mondaríz

PEDRAQUETIÑA

Presentación de Cantares no programa Luar da TVG o 4 de xaneiro de 2013

PEDRAQUETIÑA

Tal vez tamén che gusten