• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Luis Emilio Batallán

Luis Emilio Batallán é un artista polifacético. Compositor, músico e cantautor, estivo presente na música desde os anos 70. O artista santiagués gravou catro elepés durante as súas catro décadas de actividade musical, moi recoñecidos e valorados no momento.

"Ahí ven o maio", o seu primeiro disco, foi un auténtico éxito de vendas que chegou á cifra de douscentos mil exemplares, converténdoo nun insólito supervendas da música galega. Foi un dos representantes da Nova Canción Galega, musicou o poema "No niño novo do vento" de Álvaro Cunqueiro, remasterizado co título "Quen poidera namorala".

Durante os oitenta, Luis Emilio traballou con detemento e paixón no seu segundo disco. En 1990 editouse "Ballet da nena", con letras propias e de ilustres poetas galegos como Uxío Novoneyra, Neira Vilas, Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro e Manuel Antonio.

Dous anos despois de presentar "Ballet da nena", Batallán editou un novo elepé titulado "Eres un fármaco". Aclamados foron temas como "Agardei", inspirado nun poema de Celso Emilio Ferreiro.

Tras editar tres discos no século XX, Luis Emilio Batallán sorprendeu a todos co seu cuarto elepé: "Tu retrato", no que contou coa colaboración de grandes músicos e amigos, como Pablo Milanés e Joaquín Sabina. Co seu novo traballo, "Había que chegar", Luis Emilio achégase a ritmos latinos, melodías tribais e o máis puro estilo jazz. Gravado en Estados Unidos, Cuba, Suíza e España, este disco recupera toda a esencia de Batallán, incorporando novos sons.

Contratación

Andrés Rozados
(+34) 679 710 540
batallanluisemilio@gmail.com

Discografía

70 y 29

LUIS EMILIO BATALLÁN, JOAQUÍN SABINA, JOAN MANUEL SERRAT, PABLO MILANÉS

2016, Universal Music

Había que chegar

LUIS EMILIO BATALLÁN

2014, Editorial Galaxia

Tu retrato

LUIS EMILIO BATALLÁN

2007,

Eres un fármaco

LUIS EMILIO BATALLÁN

1992,

Ballet da nena

LUIS EMILIO BATALLÁN

1990,

Ahí ven o maio

LUIS EMILIO BATALLÁN

1975, Fonomusic

Vídeos

Linda Niña de Ojos Negros

LUIS EMILIO BATALLÁN

Viva Lalín

LUIS EMILIO BATALLÁN

Tal vez tamén che gusten