• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Son Trío

Son Trío, formado por Su Garrido Pombo (voz), Katerina Linke (piano, composición) e Susanna Blanco (violoncello), presentan o proxecto musical “Miña almiña” baseado nas letras de Rosalía de Castro.

“Miña almiña” é un ciclo de dez cancións con toques jazz acompañado, ás veces, con fotografía e vídeo. Unha fusión da poesía de Rosalía desde o seu poemario “Follas novas” (1880) cunha instrumentación clásica, pero unha linguaxe musical moi actual, para facer soar os poemas do século XIX como se fosen escritos hoxe.

As tres intérpretes, que teñen unha ampla experiencia artística por separado participando en diversos proxectos musicais, únense para crear este programa que tan só cuns meses de vida xa foi elixido finalista da V edición dos Premios Martín Códax da Música na categoría Música Clásica e Contemporánea.

A doce e moi expresiva voz de Su Garrido Pombo, moi atenta á palabra; o rico e próximo timbre do cello de Susanna Blanco; e as tenras composicións de Katerina Linke ao piano levan a unha viaxe emotiva e conmovedora.

Contratación

Katerina Linke
664 250 935 - 656 457 949
sontrio@katerinalinke.com

Vídeos

Unha rosa

SON TRÍO

Tal vez tamén che gusten