• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Germán Díaz

Nace en 1978 en Valladolid, onde realiza estudos de guitarra clásica e Filoloxía Clásica na Universidade de Valladolid así como o Curso de Postgrao "Especialista Universitario en Estudos sobre a Tradición".

Estuda zanfona con Rafael Martín, Pascal Lefeuvre, Laurent Tixier, Isabelle Pignol, Gilles Chabenat, Nigel Eaton, Patrick Boufard, Laurence Bourdin, Valentin Clastrier, etc...

Actuou por todo o mundo en prestixiosas salas e festivais como o Teatro Real de Marrakech, ConcertGebaum de Amsterdam, Universidade de Colombia, Odessa Jazz Carnival —Ucraína—, Casa dos arquitectos de Moscú, Amuz —Amberes—, Stans Music Festival —Suíza— con numerosas formacións e intérpretes como Uxía, Wafir Shekeldin Gibril, Pascal Lefeuvre, Valentin Clastrier, Joaquín Saura, Quarteto Medieval de Urueña, Paolo Angeli, Tasto Solo...

Pertenceu á mítica Viellistic Orchestra, orquestra de zanfonas asentada en Francia cos mellores instrumentistas do mundo. Este proxecto desapareceu en 2004, e Germán, formou un dúo co director artístico da Orquestra, Pascal Lefeuvre, e cofundou o Symphonia Quartet, cuarteto ibérico de zanfonas, xunto a Rafael Martín, Marc Egea e Pascal Lefeuvre.

Recibiu numerosos premios como o Racimo de Oro da Música polo seu labor de recompilación e difusión da música tradicional, segundo mellor disco do ano 2009 por Cadernos de Jazz, mellor disco internacional pola veterana revista xaponesa Jazz Tokyo..

Contratación

Mirmidón Producciones
Maruchy Suárez
(+34) 667 706 241 - (+34) 667 706 241
maruchy.mirmidon@gmail.com

Discografía

Trece Cancións Bonitas

GERMÁN DÍAZ & BENXAMÍN OTERO

2018, Producciones Efímeras

Método Cardiofónico

GERMÁN DÍAZ

2013, Producciones Efímeras

Nube de nanas para ASPACE

VV.AA.

2010, Producciones Efímeras

Músicas populares de la Guerra Civil

BRIGADA BRAVO & DÍAZ

2009, Producciones Efímeras

p (o sea, Pi)

GERMÁN DÍAZ

2008, Producciones Efímeras

Dúo de Fuego

GERMÁN DÍAZ, PASCAL LEFEUVRE

2005, Openfolk

Sin título

RAO TRÍO

2004, Producciones Efímeras

El suéter de Claudia

GERMÁN DÍAZ

2003, Dro Warner

Vídeos

Pour l'enfant perdu

GERMÁN DÍAZ

Comme dans un train pour une etoile

GERMÁN DÍAZ

Et la roue de la vie

GERMÁN DÍAZ

Nana 0013

GERMÁN DÍAZ

La eternidad y un día

GERMÁN DÍAZ

La Topolino Amaranto

GERMÁN DÍAZ

Tal vez tamén che gusten