
Os d’Abaixo apareceron no ano 2010 co obxectivo de promover e animar bailes e festas tradicionáis na contorna de Santiago de Compostela. O seu repertorio recolle algunhas das pezas populares sobranceiras da música galega, á marxe da súa orixe, autor, ou de quen as tivera gravado ou interpretado anteriormente. Son un grupo no que se atopa xente que toca por afección e leva toda a vida vencellada ao folclore galego xunto a músicos profesionáis de gran traxectoria en bandas como Berrogüetto ou Fía na Roca. Os d’Abaixo traballan para crear novos espazos onde todo o mundo poda desfrutar e participar da música e do baile tradicional. Asisten a festiváis e encontros tanto en Galicia coma no resto de Europa, acompañados cando é preciso de versados bailadores/as que amosan aos non iniciados os alicerces da danza galega. Na súa pequena traxectoria, por agora de seis aniños, Os d’Abaixo amenizan durante todo o inverno un baile tradicional galego que se celebra unha vez ao mes nunha asocición cultural de Santiago de Compostela. Ademáis de estar comezando a súa andaina por diversas festas e festivais de Galicia, podemos destacar un Festival de Músicas do Mundo en Maio 2012 (Etxarri-Aranaz, Navarra), o Festival “Le Grand Bal de l’Europe” en Xullo 2012 (Gennetines, Francia), o Festival Intercéltico de Lorient en Agosto 2013 (Lorient, Bretaña) amenizando o stand de Galicia ou o Festival Calan Mai en Maio 2014 (Cardiff, Gales).
Contratación
Os d'Abaixo Música GalegaRoberto Rama (+34) 629 639 893 - (+34) 981 800 202 info@osdabaixo.com