• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Tincho Fernán

Nunca é tarde dabondo para intentalo, para lembrar ou para esquecer, para aprender, para cambiar, para...

Despois das súas primeiras incursións musicais en Uruguai, Martín Fernández chegou a Galicia cunha maleta cargada de talento e ilusión a partes iguais.

Informático de profesión, dedicou, de xeito case compulsivo, todo o seu tempo de lecer a levar adiante a súa auténtica vocación, que plasmaría en 2013 co seu primeiro álbum "Por el camino" co que consegue unha primeira chiscadela cómplice e o apoio de crítica e público.

Tres anos despois, Tincho Fernán preséntanos "Nunca es demasiado tarde". Un puñado de cancións resultado da suma de innumerables experiencias asimiladas durante anos a ambas as dúas beiras do Atlántico; do seu Uruguai natal, presente en cada xesto, en cada sibilantes, en cada reflexión escrita... e da súa nova vida en Galicia, onde cada día medra como artista.

No seu novo álbum Tincho vólvese rodear de músicos de altísimo talle para conformar un repertorio musical colorista e especialmente positivo: Carlos GIl, Federico Welicki, Suso Feixón, Andrés Cunha e Nuria González forman o núcleo dunha banda de indubidable solvencia (Tamén en directo!). Coa produción de Javier Abreu e, especialmente, as colaboracións estelares de Pablo Novoa, Eladio Santos, Diego Pacheco, Juanma Ons, Lorenzo Boo e Guillermo Gagliardi, o resultado non pode ser outro que altamente recomendable.

Nunca é tarde dabondo para... desfrutar dun dos discos e directos do ano.

Contratación

Tincho Fernán
(+34) 648 611 636
tinchofernan@hotmail.com

Discografía

Nunca es demasiado tarde

TINCHO FERNÁN

2016, regalamusica

Por el camino

TINCHO FERNÁN

2013, Autoeditado

Vídeos

Perfume de mujer

TINCHO FERNÁN

Tincho Fernán & Nuria González

TINCHO FERNÁN

Azar

TINCHO FERNÁN

Tincho Fernán Vigopolis

TINCHO FERNÁN

Nunca es demasiado tarde

TINCHO FERNÁN

Tal vez tamén che gusten