• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Paracetamol

Paracetamol é unha banda de punk pop afincada en Vigo, formada por tres amigos que se asoman ao mundo da música sen experiencia previa nin formación profesional. Aos poucos xuntan un número de cancións que cren que paga a pena gravar. Co apoio de Pablo Novoa (Golpes Bajos, Mastretta, Iván Ferreiro) na produción e de Rumble Records na edición presentan o seu primeiro LP "Enfermedades comunes" a primeiros de 2014.

Á hora de compoñer apostan por cancións sinxelas, estribillos pegañosos e temáticas divertidas, como era norma nos 80. Paracetamol fuxen das etiquetas e o mesmo lembran a Aerilíneas Federales que a Alaska y Dinarama ou a uns actuais F.A.N.T.A.

Contratación

Filomena 3D
Rubén Rodríguez
(+34) 886 143 212
filomena3d@yahoo.es

Discografía

Enfermedades comunes

PARACETAMOL, ROQUE CAMESELLE CAPÓN, COQUE VARELA

2013, Rumble Records

Vídeos

Art Decó

PARACETAMOL

Tal vez tamén che gusten