• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
BellónMaceiras Dúo

BellónMaceiras Dúo naceu no 2005 da unión musical do gaiteiro Daniel Bellón e o acordeonista Diego Maceiras. O seu profundo coñecemento da música tradicional galega, xunto coas súas inquedanzas artísticas e o seu gusto polas músicas doutros países, fixeron que desde o principio este dúo fusionase sen medo ritmos e melodías de distintos lugares, facendo música do mundo desde Galicia.

O seu primeiro traballo discográfico, "Unión das Terras", foi o premio que gañaron no Teatro Principal de Santiago de Compostela en marzo do 2006. Con este primeiro disco, o dúo xa tocou en Nova York, Xenebra, Varsovia, París, Madrid, Barcelona, Bruxelas, Lorient, Cuxhaven, etc.

No 2007 convidaron a tres músicos a formar parte de BellónMaceiras Quinteto (contrabaixo, batería e guitarra). Esta é, sen dúbida, a característica que mellor define a banda: a fusión de estilos sen complexos e o virtuosismo dos seus compoñentes. "Folkfusión", o disco presentado no 2010 polo quinteto, é definido coma unha nova maneira de entender as músicas do mundo desde Galicia.

O disco "Live au Cornouaille", publicado no verán do 2010, é a gravación do concerto do 60º aniversario do Bagad Kemper (actual campión do mundo das bandas de gaitas bretonas), para o que foron convidados Daniel Bellón, Diego Maceiras e, entre outros, músicos da talla de Dan Ar Braz.

O ano 2011 comezou con concertos de BellónMaceiras en Moscova (Festival de Nadal na Catedral Católica) e en Cosquín (Festival Nacional de Folklore de Cosquín-Arxentina).

Contratación

Escola BellónMaceiras
Gema Abad
(+34) 654 834 246 - (+34) 881 951 723
info@bellonmaceiras.com

Discografía

Ten

BELLÓNMACEIRAS

2015, BellónMaceiras

Live in Moscow

BELLÓNMACEIRAS DÚO

2011, De Boni Arte

Live au Cornouaille

BAGAD KEMPER, DANIEL BELLÓN & DIEGO MACEIRAS

2010, Keltia Musique

Unión das terras

BELLÓNMACEIRAS DÚO

2006, BellónMaceiras Dúo

Vídeos

Viaggio

BELLÓNMACEIRAS DÚO

BellónMaceiras. Programme BBC Alba. Piping Live 2015

BELLÓNMACEIRAS TRÍO

En Belén

BELLÓN MACEIRAS

Brasileirinho

BELLÓNMACEIRAS DÚO

Danza das Cacharelas (Festival Interceltique de Lorient, 2014)

BELLÓNMACEIRAS DÚO

Live in Moscow Ad Honorem / Xota de Sta Lilaina

BELLÓNMACEIRAS DÚO

Tal vez tamén che gusten