• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Sacha na Horta

Sacha na Horta leva case 10 anos espallando pola escena musical galega a semente do seu estilo propio, que demos en chamar "agro-punkchanga", no que as voces das catro mulleres á fronte atopan toda a forza, a urxencia e a liberdade para se expresar e falar do mundo que ven mais tamén do que desexan. Isto cosido co fío da retranca e presentado sobre a base do son firme e contundente dunha banda que busca a festa e a xolda máis revolucionarias.

No verán de 2014 sae o terceiro disco da banda,"Horta Revolution",que dá tamén nome ao espectáculo con que Sacha na Horta, ben a ritmo de punk ou reggae, ska ou fussion; sexa no escenario dun festival ou dalgunha verbena, súan a bata nos seus directos, sen darlle acougo ao lombo e ao músculo da rebeldía.





Contratación

Gus
(+34) 637 863 152
sachanahorta@gmail.com

Discografía

Horta Revolution

SACHA NA HORTA

2014, Autoeditado

Fóra do regho

SACHA NA HORTA

2013, Autoeditado

Temos moito por sachar

SACHA NA HORTA

2010, Autoeditado

Vídeos

Biocultivos

SACHA NA HORTA

Horta Revolution

SACHA NA HORTA

Tal vez tamén che gusten