
Nado no mes de novembro de 2011, PDA (Pus de Alce) é un grupo de punk-rock cun estilo propio e moi persoal, que fai cancions espontaneas e atrevidas sen fixarse nos estereotipos nin poñerse etiquetas. Casi dunha manera imperiosa xúntanse para darlle forma a un grupo que xa se estaba a xestar nas mentes de Ness (voz) e Xaime (batería) entre partida e partida de dardos no xa desaparecido Meigallo (bar dos irmans Zarazo). Con ganas de reinventar un estilo e coa certeza de que tiñan moito que dicir e mostrar, puxéronse en marcha completando o conxunto con Pedro el Botas á guitarra, Pedro ao baixo e Roi á outra guitarra.
Contratación
Andrés Taboada (+34) 690 724 603 pusdealce@hotmail.com