• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Cloaca

CLOACA, Bento Carroña e Rata Ray, o dúo máis infame, chega dende o subsolo coruñés; armados con guitarra e batería; presentando as súas precarias producións para mentes enfermizas.

Rock & roll cavernícola visceral cunha tremenda interpretación vocal, riffs demoledores e baterías poderosas. Magníficos golpes de garage punk de execución maxistral e vibrante. Pílulas escuras e sinxelas de son compacto e rochoso que van directamente ao cerebro e fan que movas o esqueleto ao ritmo primitivo do “unga, unga”. Cancións incendiarias e barbitúricas con actitude punk e son sucio afastado do virtuosismo instrumental que conseguen atraparte coas súas divertidas letras e instrumentación eléctrica.

Entre as súas influencias poden atoparse grupos como Ramones, Stooges, The Cramps, The Cynics e Dead Moon, entre outros.

En 2018 editan o seu EP homónimo (Freeky Dicky Records/Sweet Grooves Records) e, en decembro de 2020, fan a súa posta de longo co LP "Vertido Tóxico" (Freeky Dicky Records/Sweet Grooves Records/La Familia Revolución).

Humor negro, ritmos frenéticos e son escuro son o seu selo de identidade.

Entra no seu mundo escuro e sucumbe ao seu lisérxico son, non te arrepentirás!

Contratación

Cloaca
677 771 153 - 629 382 501
somoscloaca@gmail.com

Discografía

Vertido Tóxico

CLOACA

2020, Freeky Dicky Records, Sweet Grooves Records, La Familia Revolución

Cloaca EP

CLOACA

2018, Freeky Dicky Records, Sweet Grooves Records

Vídeos

Desfase

CLOACA

Cloaca inmunda

CLOACA

Anormal

CLOACA

Tal vez tamén che gusten