
La Casa de los ingleses é unha banda de pop, de cancións sinxelas e directas e unha coidada estética, tanto nas melodías como no escenario, unha pegada certeira que caracteriza a este grupo de rapaces galegos que pretenden facerse un oco na apertada escena nacional a base de traballo duro e boas cancións.Desde 2012, ano no que deciden saír a tocar en directo, foron moitos e moi variados os concertos que ofreceron pola xeografía galega, resultando gañadores en varios concursos de nivel local e autonómico, coma o "Liberty Music Play", o "Fest 2015", ou o "15 Bolos" en 2016.En 2015 publican o seu primeiro traballo, "Punto de partida", un EP autoeditado co que se dan a coñecer, que xa deixa ver o gusto da banda polas melodías efectivas e os medios tempos pegadizos, e do que rapidamente esgotan a súa primeira edición.O 20 de xuño de 2018 ve a luz o seu primeiro LP, "La Tierra es plana", tamén autoeditado e que presentan nos vindeiros meses nunha xira por todo o territorio estatal.
Contratación
Anxo (+34) 656 955 485 - (+34) 676 257 719 contratacion@lacasadelosingleses.com