• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Chupadeskay

Pablo Barge, músico galego do Bierzo, tráenos este novo proxecto que viaxa entre o rock, o funk e a música de baile. Pablo Barge ten unha ampla traxectoria ás súas costas, que comeza como guitarrista en Carpe Diem. Cando se afinca en Santiago, inicia unha carreira en solitario compartindo escenario no mítico Dado-Dadá con artistas como Max Sunyer, Carles Benavent, Raimundo Amador, Pablo Castaño, Carlos Arévalo ou Antonio Casado e Andoni Arcos (Cornelius, 1960), converténdose en habitual dos locais de música de Compostela. Gravou un disco, como baixista, en 2006, coa banda Supersandwich, pero non tarda en abandonala e formar Chupadeskay. Foi finalista do IV Concurso Talentos Puro Cuatro (organizado polo grupo televisivo Mediaset, propietario de Telecinco e Cuatro). Grava o seu disco entre lugares tan dispares como Galicia, Ámsterdam e Londres, logrando un resultado final moi cohesionado e de calidade auditiva incontestable. Contou coa inestimable colaboración de Ramón Raíndo, Diego P. Castro, Luz García, Mary Vilar, Susana Olveira, Pablo Castaño, Samuel Ramos, Paula Barge, Joel Rúa e María Finkernagel. Masterizouno Arturo Vaquero en Abrigueiro Estudios, acadando un son alegre e relaxado que imprime a intimidade deste músico. Chupadeskay presenta o seu disco, con 14 temas que esperan chegar a todos os oídos. A súa descarga está dispoñible en plataformas dixitais.

Contratación

Chupadeskay
Pablo Barge
(+34) 606 227 523
info@chupadeskay.com

Discografía

Chupadeskay

CHUPADESKAY

2014, ROCK CD Records

Vídeos

Right Here Waiting - Richard Marx Cover

CHUPADESKAY

Human (The Killers - Cover by Chupadeskay)

CHUPADESKAY

I want to feel - Acoustic version

Cow Boy (Live - Sala Moon, Santiago)

CHUPADESKAY

I need your star. Acoustic Version

CHUPADESKAY

I Want to Feel

CHUPADESKAY

Tal vez tamén che gusten