
Escuchando Elefantes son dúas voces que chegaron a sonar como unha. A dinámica e forza que transmiten ao público coas súas canción débese á súa gran paixón por tocar na rúa, na que se formaron como músicos.Percorreron Europa compartindo experiencias con músicos como os oscarizados Glen Hansard e Markéta Irglová, Paddy Casey, Damien Rice, Bono (U2), Lisa Hannigan e Sinead O'Connor, entre outros.En 2012 publican o seu primeiro álbum de estudio editado de forma totalmente independente, “Show & Tell” (2012), recibindo unha xenerosa acollida por parte do público que encheu o aforo das salas nas súas últimas xiras. Acompañado dunha gran repercusión mediática "Show & Tell" sonou nun gran número de países e festivais. Logo de gravar en España, Irlanda, USA e UK, presentan o seu segundo traballo, "Happy Lonely People" (2014), nun abarrotado Teatro Colón en outubro de 2014. Os seus dous primeiros videoclips foron nominados aos Mestre Mateo, levándose "Garden's Road" a estatuíña e máis de 40 nominacións e premios en festivais internacionais.En marzo de 2017, ve a luz o seu terceiro álbum, “Hope” (2017), máis eléctrico e potente, afastándose do seu folk orixinal e achegándose a un son máis rockeiro.
Contratación
Musicarte Rey Saavedra José Fco Saavedra (+34) 629 357 984 - (+34) 881 928 691 musicarte.rs@gmail.com