
Logo do seu primeiro LP en solitario, “EGO” en 2015 e o libro-cd “Manual ególatra básico” en 2017, o ecléctico gaiteiro e compositor carrilexo Cristian Silva presenta o seu novo disco, “Un home tranquilo” (2025). Un título cargado de contraste e de simbolismo. Nese contraste nace a forza dun disco que aposta pola calma rebelde nun mundo convulso. Porque, ás veces, ser tranquilo é o acto máis transgresor.“Un home tranquilo” é unha obra ambiciosa e inclasificable, onde a tradición dialoga sen prexuízos: gaita, frautas e zanfona eléctrica conviven con guitarras distorsionadas, sintetizadores envolventes e seccións rítmicas que se moven entre o folk, o funk, o indie, o rock progresivo, pero tamén as improvisacións do jazz.Un traballo de identidade líquida, forte e serena, que nunca perde a pegada da terra.Acompañan a Cristian músicos de primeira liña que enriquecen cada compás: Miguel Lamas (Dani Martín, Pablo Alborán) e Niño Bruno (Leiva, Calamaro) nas baterías, Pablo Pérez (Zahara, Fuel Fandango, Loquillo) ao baixo e ás guitarras, o saxo tenor de Xosé Miguélez, os metais de Antonio Rodríguez Iborra (Dakidarría, Transilvanians), o baixo de Adrián Saavedra, a voz e a pandeireta de Ana Fernández (Déixaas, Mercedes Peón), e a colaboración especial da banda Igloo, referente do indie galego.
Contratación
Thinking Up Events Gabi / Martín (+34) 623 951 308 info@cristian-silva.com gabi@thinkingup.events