• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Tanxugueiras

Partindo dun coñecemento rigoroso da tradición e da música de transmisión oral, entre Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro dáse un encontro único onde a maxia, a naturalidade, a espontaneidade e a comuñón musical xorden desde o primeiro minuto e fan que revolucionen o panorama musical galego.

O mundo da pandeireta e o baile está a vivir en Galicia a un momento irrepetible, cada vez máis xente se está achegando a este tipo de sentir e facer. O que fai Tanxugueiras é achegalo dun xeito doado, natural, cun empaste nas voces pouco común, cuns arranxos elegantes e coidados, cun son grande e cristalino, cun agarimo inusual, cunha tímbrica instrumental que conecta oriente e occidente, con intelixencia e humor. E, sobor de todo, con moito amor.

“Tanxugueiras” (2018). Despois de percorrer desde o ano 2016 cun éxito clamoroso todos os escenarios do país e algún internacional (Celtic Connections - Glasgow, India, Cuba, Suíza...), despois de poñer música a actos e encontros musicais diversos, aparecer en programas de TV como Luar ou Alalá, Tanxugueiras decide gravar a súa ópera prima apuntando moi alto. Para este fin, rodeáronse de músicos moi notables dentro do panorama da música de raíz como Pablo Martín Jones (Coetus, Eliseo Parra, Drexler) ou Jaime Muñoz (La Musgaña) e cunha dirección artística do produtor musical Pedro Pascual (Laio, Marful, Najla Shami, Davide Salvado, Guadi Galego, Talabarte, Pesdelán, Descarga ao Vivo), cun repertorio coidadosamente escollido.

Contratación

PlayPlan Cultural
Andrés
+34 986 903 509 - +34 696 874 302
contratacion@playplan.es

Discografía

Tanxugueiras

TANXUGUEIRAS

2018, Tanxugueiras

Vídeos

Que non mo neguen

TANXUGUEIRAS

Xota de Bembibre

TANXUGUEIRAS

Tal vez tamén che gusten