• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Liviao de Marrao

Liviao de Marrao é un grupo de punk, ska e rock do país do Faro (Chantada, Galiza) que nace no ano 2010 contando a primeira formación con guitarra, baixo e voz, e incorporando ao ano seguinte violín, gaita e batería. Posteriormente, no ano 2013, incorpóranse á formación unha sección de ventos (trompeta, saxo tenor e saxo alto) que se modificará en 2015 ata chegar á actual con trompeta, trombón e saxo tenor.

Actualmente o grupo está integrado por 10 rapaces que se criaron vendo o Xabarín Club e mamando o rock bravú. Misturamos aquela enerxía e actitude perante o país e o mundo que nos rodea, aquela “forza abondo para tronzar o universo inteiro” que dicía o Manifesto de Viana no 1994, co punk, o ska, e os ritmos da música tradicional galega.

Logo de gravar unha primeira maqueta “Á machada”, sacamos o noso primeiro disco no ano 2013, “Matança eta filhoak”, que nos levou aos escenarios de festivais de toda a xeografía galega e que atoparía relevo no ano 2015, coa chegada do segundo disco, “Que cada cao lamba a súa caralha”, presentado na sala Capitol de Santiago de Compostela o mes de outubro dese mesmo ano.

Para o 2016 prometemos moita máis arroutada e cantigas de amor, odio e outras drogas desde o país do Faro.

Contratación

Independente
Xurxo Novoa
(+34) 666 289 122 - (+34) 616 350 846
liviaodemarrao@hotmail.com

Discografía

Que cada cao lamba a súa caralha

LIVIAO DE MARRAO

2015, Liviao de Marrao

Matança eta filhoak!

LIVIAO DE MARRAO

2013, Liviao de Marrao

Vídeos

Cantiga de Feto

LIVIAO DE MARRAO

Viana Manifest

LIVIAO DE MARRAO

Garabatos (directo en Planeta Furancho)

LIVIAO DE MARRAO

Narco corrido ribeirao

LIVIAO DE MARRAO

Tal vez tamén che gusten

¡Qué Desilusión!

Cool Funeral

Licor Café Rock Band

PDA (Pus de Alce)