• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Nastasia Zürcher

Nastasia Zürcher (Xenebra, 1988), cantante e compositora galego-suíza galardoada cun Galician Music Award na categoría de Blues, Funk & Soul (Premios Martín Códax da Música 2016), segue subindo chanzos e lanza o que xa é o seu segundo álbum de estudio, “Beat” (2017).

Logo de dous anos de xira e do lanzamento da súa aclamada ópera prima, o seu álbum debut titulado “My Flight” (2015) que obtivo gran recoñecemento e acollida, Nastasia presenta o seu novo traballo musical composto integramente por obras propias e baixo a mirada do produtor e músico-compositor galego Adrián Saavedra. Temas de onda moderna e groove descarado con aires de neo-soul, R&B contemporáneo, afro-pop-folk e músicas do mundo nunha produción elegante, grande e coidada, sobre a que repousa a xa inconfundible voz de Nastasia.

Dez cancións, dez maneiras de mover o corpo nas que a percusión, instrumentación e ritmos son un potente motor deseñados como puro traballo de ourivaría en busca de novos enfoques, sonoridades e texturas.

Rodeada de músicos de primeira división, e con letras-mensaxe en inglés, galego, francés e castelán que son mantras dunha actitude construtiva e reflexiva, aséntase con este segundo e vivo LP unha carreira profesional baseada na calidade, o bo facer e a liberdade creativa absoluta, perfilándolle a esta artista unha proxección nacional e internacional coa que seguir compartindo a súa arte e persoal maneira de entender e sentir a música.

Contratación

Seispés Producións Creativas
Xiana Lastra
682 41 06 89
info@seispes.com

Discografía

But Life Is Beauty Full

NASTASIA ZÜRCHER

2022,

Beat

NASTASIA ZÜRCHER

2017, Rock CD Records

My Flight

NASTASIA ZÜRCHER

2015, Nastasia Zürcher

Vídeos

Fluir (düo)

NASTASIA ZÜRCHER

Espertos

NASTASIA ZÜRCHER

Ev'rybody Wants

NASTASIA ZÜRCHER

Fluir

NASTASIA ZÜRCHER

Stronger

NASTASIA ZÜRCHER

New World

NASTASIA ZÜRCHER (BEAT TRÍO)

Tal vez tamén che gusten