• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Brais Morán

Brais Morán leva case 20 anos de traxectoria profesional no mundo da escena musical compoñendo e editando cancións como cantante e guitarrista.

Despois de ter actuado en varios lugares de Galiza, Portugal e nalgunhas cidades do Estado, ten pasado por televisión, traballado no teatro, e vén sendo un dos referentes da música galega desta última década.

Ademáis de ser coñecido como vocalista e guitarrista da referente banda de funk Loretta Martin, o artista dá un paso adiante para iniciar a súa carreira en solitario presentándose co nome de Brais Morán e así edita o seu primeiro traballo discográfico, “Cruzando o eclipse” (2015). O artista fai que voltemos ver e escoitar unha grande parte do seu repertorio, incluíndo novas cancións propias cheas de diferentes estilos que pasan polo funk, soul, rock, samba e ritmos fusión que o influencian e que levan marcando toda a súa traxectoria. "Cruzando o eclipse" foi gravado nos estudios Abrigueiro da man de Arturo Vaquero, onde contou con Denís Morán, Miguel Queixas e Manu Seoane como banda esencial e coas colaboracións de Belém Tajes, Cláudia Morán e Fran Pérez "NARF", co cal coproduciu o tema "Destino" que abre o disco.

Neste 2017 abre unha nova etapa de concertos, ben en solitario (guitarra e voz) ou con banda acompañado de Marcos Pazo á batería, Fran Sanz ao baixo e Manu Seoane ás guitarras. Actualmente está a preparar o seu segundo disco que verá a luz no vindeiro 2018.

Contratación

Brais Morán
650 672 499 - 676 988 437
braismoran@gmail.com bmproducions@gmail.com

Discografía

Cruzando o eclipse

BRAIS MORÁN

2015, The Borderline Music

Vídeos

Os pensamentos da estrada

BRAIS MORÁN

A esperanza do desespero

BRAIS MORÁN

Arráncame a pel

BRAIS MORÁN

Madrugada

BRAIS MORÁN

En paz

BRAIS MORÁN

Saio só

BRAIS MORÁN, LORETTA MARTIN

Tal vez tamén che gusten