• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Javier Méndez Úbeda

Javier Méndez Úbeda é un músico pontevedrés. Co seu pseudónimo “Nada” afronta as contradicións da sociedade contemporánea dunha maneira irónica, ferinte, pesimista e, ás veces, aterradora. Emprega recursos do post-rock, noise, ambient, minimalism, new age, etc. Non hai estilo do que non faga unha mala dixestión e do que regurxite obras incompletas cheas dunha alma enfurecida pero aplacada; triste, rendida.

Doutra banda baixo o lema “Smile or Die”, xorden ideas e pezas de corte actual, usando estilos como glitch, dubstep, trap e souvenirs de moitos lugares. Albíscase un malgaste de optimismo como cando alcanza a luz solar a un reo encadeado. Por aquí xorden novas identidades como “Hyenabeat” ou “Xabgz” aínda sen fraguar pero en progreso.

En fin, a música o é todo para este home e a súa intención é clara: tender a man a calquera proxecto no que encaixe a súa visión sonora, xa sexa de forma artística (“Do you wanna collab bro?”) ou comercial (“Money calls money”).

Contratación

feitonacasarecords

javiermendezubeda@gmail.com

Discografía

Midi Songs For Ugly People

NADA

2017, feitonacasarecords

RETRAKT

NADA

2010, feitonacasarecords

28

NADA

2006, feitonacasarecords

42'01''

NADA

2005, feitonacasarecords

Vídeos

the struggle continues

NADA

Tal vez tamén che gusten