• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
MJ Pérez

MJ Pérez é unha das novas voces do panorama actual da música galega. Inicia o seu percorrido en 2014 e acumula xa máis de 70 concertos por diferentes cidades e vilas de Galicia. Suma xa tres discos, un autoeditado e dous autoproducidos.

María José, natural de Arzúa, comeza esta andaina en 2013 creando “Ollos que non ven, síntoma de cegueira” (2013), o seu primeiro traballo; un álbum autoeditado composto por 10 temas que marcan o inicio deste proxecto. A partir de aquí, xa en 2014, MJ continúa a súa actividade dun xeito máis firme e, entre outras cousas, colabora coa poeta Mercedes Leobalde e resulta finalista do I Certame de Canción de Autor en Galego do Concello de Teo.

Un ano despois, MJ lanza o seu segundo traballo, “Guerrilleira” (2015), un álbum con 12 temas unidos por un motivo común: a guerra. Un proxecto minimalista, cheo de frescura que presenta unha evolución tanto a nivel interpretativo como musical. O resultado final é unha fusión de diversos estilos musicais, co predominio do rock-pop.

Bebendo da mestura de estilos nace o seu terceiro disco “Casandra” (2017), ao que a artista chega logo dun ano marcado polo seu segundo posto no VII Concurso Musical da Deputación da Coruña e do lanzamento do single “A Peza Solta” coa colaboración da coruñesa Lidia Bao. A isto súmase o recente nomeamento de MJ como finalista do Xuventude Crea 2017 e unha intensa xira de presentación do seu último disco.

Contratación

Discografía

Casandra

MJ PÉREZ

2017, MJ Pérez

A Peza Solta

MJ PÉREZ

2016, MJ Pérez

Guerrilleira

MJ PÉREZ

2015, MJ Pérez

Ollos que non ven, síntoma de cegueira

MJ PÉREZ

2013, MJ Pérez

Vídeos

Casandra

MJ PÉREZ

Ai de Min!

MJ PÉREZ, CON RICHI CASÁS

A Peza Solta

MJ PÉREZ, LIDIA BAO

Evidencia

MJ PÉREZ

Sempre

MJ PÉREZ

Tal vez tamén che gusten