• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Arantxa Pérez

Arantxa Pérez (Catoira, 1986) comezou na música case por casualidade logo dun festival de fin de curso a principios dos 90. Logo do seu descubrimento, participou en diferentes concursos musicais de televisión, como o “Téquele, Téquele” ou “Tardes con Ana” da TVG, ata os 15 anos de idade, momento no que inicia a súa traxectoria profesional no ámbito musical dentro do entorno familia, amenizando todo tipo de eventos.

Catro anos máis tarde pasaría a formar parte de diferentes agrupacións relacionadas coa tradicional e cultural verbena galega. Durante estes primeiros anos como profesional da música, a cantante compaxina as actuacións cos seus estudos de Técnico Superior en Automatismos.

Entre versións e cancións populares, a catoirense decide iniciar a súa fomación en guitarra de xeito autodidacta para, pouco despois, comezar a compoñer. Así, a finais de 2013 presenta as súas primeiras cancións a través das redes sociais e a mediados de 2014 xa realiza os seus primeiros concertos en solitario.

A súa primeira maqueta ve a luz en 2016 na que destacan temas como “Na habrá tiempo”, “Lo que queda de mí”, ou “Solo cuentas tú”, baixo a produción do músico e compositor cubano Joel Beltrán. A súa acollida e aceptación nas redes sociais e medios de comunicación impulsaron o crecemento da artista e o desenvolvemento do que foi o seu primeiro lanzamento discográfico en xullo 2017, “Hay tanto camino por andar” (2017), producido por Jordi Cristau (Manuel Carrasco, Fito & Fitipaldis).

Contratación

Arantxa Pérez
(+34) 660 816 759
contratacion@arantxaperez.es

Discografía

Hay tanto camino por andar

ARANTXA PÉREZ

2017, Arantxa Pérez

Maqueta "Hay tanto camino por andar"

ARANTXA PÉREZ

2016, Arantxa Pérez

Vídeos

No habrá tiempo - Bamboleo TVG

ARANTXA PÉREZ

Lo que queda de mi

ARANTXA PÉREZ

Solo cuentas tú

ARANTXA PÉREZ

No habrá tiempo

ARANTXA PÉREZ

Tal vez tamén che gusten