• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Musel

Definidos por Dorian Wood como "a lovely shoegaze wet dream" (un fermoso soño húmido de shoegaze), MUSEL é o proxecto do coruñés Óscar Vilariño (Triángulo de Amor Bizarro, Vale Tudo, A Veces Ciclón). Tras debutar en 2015 con "Rabuña" e o seu borrascoso noise-pop de alta gradación, volven con "Paseniño" (2019), dúas cancións —unha delas unha adaptación en galego de "Words" de Low— sinxelas e hipnóticas. Slowcore norteño onde conseguen poñerlle nome, como en galego, aos mil xeitos que existen de chover.

Di Óscar Vilariño: “Este disco debería chamarse "Sombra e Luz". Trátase dun adianto do noso futuro LP, que incluirá este tema, pero na súa versión con banda. Estou especialmente orgulloso desta canción porque ademais de ter uns acordes moi riquiños, é a primeira vez que fago algo semellante a un solo de guitarra. A cara B é unha adaptación ao galego da primeira canción do primeiro disco de Low que é, ao meu parecer, unha das súas mellores cancións. Adapteina eu mesmo, facendo encaixe de bolillos entre pura métrica e a ambigüidade propia das cancións da banda de Duluth. Que este 7” se titule "Paseniño", non se debe soamente á evidente beleza estética da palabra, é que as cousas en MUSEL funcionan realmente paseniño. Pero aí estamos sempre maquinando cousas que facer, que verán a luz, inda que sexa no 2050. Non aseguramos que o próximo que editemos sexa un LP, porque non compartimos a actitud estándar dos grupos musicais, así que se polo camiño atopamos algo no que enredar, seguramente optemos por esa opción”.

Contratación

Discografía

Paseniño

MUSEL

2019, Acuarela

Rabuña

MUSEL

2015, Acuarela

Vídeos

Raiolo

MUSEL

Palabras

MUSEL

Tal vez tamén che gusten