• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
The pretty shirts

Rock ‘n’ roll, sen aditivos.

The pretty shirts é unha banda nacida en A Guarda (Pontevedra) en 2009, despois de varios proxectos dos seus componentes, coa única idea de facer rock ‘n’ roll cru e directo e a intención de percorrer canto escenario se poña por diante.

Logo de dous anos de ensaios e concertos en Galicia e Portugal, The pretty shirts entran en estudio en outubro de 2011 para grabar o seu primeiro EP de presentación "So good to be right here" xerando moi boa resposta do público.

En xuño de 2014, como avance do que será seu primeiro disco, publican un single de dúas cancións titulado "Ain’t no another love song" e, despois de rodar por múltiples escenarios co single debaixo do brazo, en abril de 2015 graban o seu primeiro LP homónimo en Baixo Miño Estudios. O álbum está composto por oito temas que expresan, ao mesmo tempo, a enerxía da banda nos directos e a súa parte máis calma; sensacións que en traballos anteriores non amosaran. O disco preséntase en setembro dese mesmo ano cunha lista de datas que aumenta a medida que pasan os días.

Cabe tamén mencionar que a banda foi gañadora do 1º concurso de bandas organizado polo pub Morrissey Sada (A Coruña) e elixido o mellor disco de 2015 polos seguidores do blog "Rocksoulthings".

Contratación

Miguel Castro Castro / Miguel Domínguez Lomba
(+34) 677 454 360 - (+34) 679 946 067
theprettyshirtsrockband@gmail.com

Discografía

The pretty shirts

THE PRETTY SHIRTS

2015, The pretty shirts

Ain't no another love song (Single)

THE PRETTY SHIRTS

2014, The pretty shirts

So good to be right here (EP)

THE PRETTY SHIRTS

2011, The pretty shirts

Vídeos

Black leather boots

THE PRETTY SHIRTS

Tal vez tamén che gusten