• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Vertixe Sonora

Un dos colectivos máis destacados na aposta pola música contemporánea e polo diálogo e a confluencia entre a música e as artes. Dende a súa aparición en 2010, Vertixe Sonora convertiuse nun auténtico revulsivo da sociedade española; a súa permanente estrea de obras novas permite que Galicia participe da creación sonora internacional cun protagonismo activo e desafiante. Un referente insubstituíble para a última xeración internacional de compositores, que atopa nas súas producións a oportunidade de desenvolver propostas musicais cunha perspectiva global en permanente estado de convulsión na procura da excelencia artística.

Integrada por destacados solistas de música contemporánea de Galicia e Portugal, Vertixe Sonora conxuga artistas sonoros, artistas plásticos, músicos de jazz, intérpretes clásicos e xente do teatro e da danza que desenvolven unha programación diversificada e procuran dinamizar o ecosistema cultural, o intercambio e a cohesión do territorio. O ciclo Música e Arte: Correspondencias Sonoras (CGAC) e sonUTopías (campUSCulturae da Universidade de Santiago de Compostela), o ciclo MIHLsons na cidade de Lugo ou o ciclo Do Audible coa Secretaría Xeral de Cultura e o Festival Internacional de Creación Musical Contemporánea son algunhas das achegas que están a renovar o público de música clásica en Galicia.

O seu labor foi recollido no documental “Correspondencias sonoras” (2013) do cineasta Manuel do Río.

Contratación

Vertixe Sonora
Ramón Souto
(+34) 986 128 933 - (+34) 639 662 755
administracion@vertixesonora.gal

Discografía

The Dimension of the Fragile

VERTIXE SONORA

2020, NEOS

Ins offene

VERTIXE SONORA, ZAFRAN ENSEMBLE

2019, WERGO

Vídeos

YIRAN ZHAO (Alemaña/ China, 1988 ) The Single Day (2019)

VERTIXE SONORA

JORGE GÓMEZ ELIZONDO (Austria/ México, 1986) Pong (2022)

VERTIXE SONORA

JORGE GÓMEZ ELIZONDO (Austria/ México, 1986) Pong (2022) Vídeocreación a partir do concerto en directo

VERTIXE SONORA

Tal vez tamén che gusten