• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Kelibén

Kelibén (caló): manifestación, exhibición.

Cando a paixón, o coñecemento e a experiencia se unen, o resultado é sempre único. Iso é exactamente o que sucede cando baila Isaías Salazar e lle acompañan Miguel Flores á guitarra e Sandra Calderón ó cante. Todo encaixa, os sons veñen e van coa naturalidade de quen sabe o que quere dicir e como dicilo. A linguaxe: o flamenco. Estes tres artistas con elegancia, pero sen límites expresivos, lévannos de viaxe por un mundo de ritmo, movemento e beleza tan espontáneo como fácil de apreciar por calquera tipo de público. Neste espectáculo, baile, cante e guitarra únense como elementos esenciais do flamenco máis honesto e apaixoado, expresándose na dualidade da tradición e a vangarda desta arte.

Isaías Salazar (Ferrol): Xa de pequeno era chamado para bailar nas festas, chegando a compartir escenario con artistas como Duquende. A sua paixón é o flamenco e bebe das fontes máis clásicas desta arte, seguindo a escola dos Farruco.

Sandra Calderón (A Coruña): O seu afán por ampliar a sua formación levouna a recibir clases na High School Music and Drama de Londres. Neste espectáculo, Calderón investiga os cantes máis ortodoxos, deixando sempre un oco para agasallarnos con grandes éxitos do flamenco.

Miguel Flores (Cádiz): Implicado en múltiples proxectos, aporta a sua propia visión da guitarra flamenca contemporánea con pasaxes de guitarra solista do seu primeiro repertorio, Belyounech.

Contratación

Seispés Producións Creativas
Xiana Lastra
(+34) 679 449 973 - (+34) 682 410 689
info@seispes.com

Vídeos

Kelibén

KELIBÉN

Tal vez tamén che gusten