• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Dois

Dois é unha banda viguesa integrada por Óscar Raña (guitarra, voz), Guillermo Portas (baixo) e José Fran Novoa (batería).

Tras publicar a súa primeira demo en 2014, chaman inmediatamente a atención do público e da crítica pola orixinalidade do seu son, que combina o pop lo-fi de tintes psicodélicos cun imaxinario surrealista e extremadamente persoal. Durante meses, a banda adícase a xirar por toda a península e a pulir o seu son para, finalmente, en febreiro de 2016 entrar a gravar o seu primeiro LP, “Está bien” (Discos de Kirlian/Orphan Records, 2017) nos Estudios Terraforma de Ibán Pérez, con Manu G. Sanz na produción.

O disco é unha colección de 13 temas de pop surreal e fermoso que, sen perder o seu espírito lo-fi, amosa en toda a súa esencia a personalidade da banda. Cancións con xiros melódicos inesperados, ambientes oníricos, crebacabezas sonoros e letras enigmáticas que compoñen o primeiro traballo dun grupo cunha gran personalidade.

Contratación

Parvo
Toño Magariños
(+34) 639 55 1492 - (+34) 639 551 492
booking@parvo.gal

Discografía

Está Bien

DOIS

2017, Discos de Kirlian / Orphan Records

Dois EP

DOIS

2014, Autoeditado

Vídeos

Dinosaurio

DOIS

Tal vez tamén che gusten