• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Esposa

Esposa saltan, bailan e sorrín mentres cantan as súas cancións de pop rápido, e iso despista. A alegría da súa música e a naturalidade da súa actitude pode levar a pasar por alto as tensións que latexan debaixo e que os fan ser un grupo atípico: as letras en galego retratan a personaxes con identidades e dúbidas xeracionais, as guitarras e as baterías nerviosas contrastan con dous sintetizadores máis atmosféricos, e as voces femininas e as masculinas conflúen ás veces en temas eléctricos e velvetianos e, outras, nunha delicadeza que lembra aos Yo La Tengo máis sutís.

Nin antigos nin modernos, nin banais nin pretenciosos, todo o que hai que rascar debaixo da superficie leva a identificar neles a cualidade clave do mellor pop: unha sinxeleza enganosa. Esposa son Mar Catarina (sintetizador, voces), Xacobe González (guitarra, voces), María Villamarín (sintetizador, voces) e Cibrán Tenreiro (percusión, voces).

Contratación

Discografía

Xardín Interior

ESPOSA

2017, Prenom

Señor de (EP)

ESPOSA

2016, Prenom

Vídeos

Nube Branca

ESPOSA

Xardín interior

ESPOSA

Tal vez tamén che gusten