• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Clara Pino & Pablo Vidal

Clara Pino (arpa celta, voz) compaxina a súa labor como docente coa creación musical. Entre os seus traballos discográficos cabe destacar “Sete Saias”, “Loaira” e “Un dedo manchado de tinta”. Mencionar tamén o premio otorgado pola Consellería de Educación co proxecto “A música desde o silencio” que inclúe a creación do tema e videoclip “Contracorrente”, no que participa Pablo Vidal. Colabora nos proxectos de música infantil “A nena e o grilo nun barquiño”, “Pitusa Semifusa” e “Alegría”.

Pablo Vidal (contrabaixo, voz) conta cunha longa traxectoria musical que abrangue desde o jazz, o rock, á música orquestral e infantil, e múltiples colaboracións no panorama musical galego (Uxía, Sérgio Tannus, Magín Blanco, Xoán Curiel, etc.), ademais de formar parte da banda Sons Miúdos. Entre os seus últimos traballos discográficos destacan “Tatán Chapeu”, “Jazz Pagano” (Pablo Vidal Trío), Os Resentidos & Lira Big Band, A DOCE VITA Sons de Cine, e “Nowhere”, xunto con Clara Pino.

“Nowhere” é o título escollido por Clara Pino e Pablo Vidal para o seu primeiro CD conxunto, facendo referencia aos “non-lugares”. Xestado e gravado integramente na ría de Arousa, o disco consta de nove cancións orixinais, con letras de Clara Pino, músicas compartidas polos dous e un elevado contido literario, xa que ademais inclúe nove textos escritos por Pino, vencellados a cada unha das cancións do álbum.

Colaboran: Sabela Dacal (acordeón), Mila García (cello), Rafa Otero (guitarra) e Roi Adrio (percusións).

Contratación

aldeaglobal
677 225 356
aldeaglobalproducions@gmail.com

Discografía

Nowhere

CLARA PINO & PABLO VIDAL

2017, aldeaglobal

Vídeos

Nowhere

CLARA PINO & PABLO VIDAL

San Simón

CLARA PINO & PABLO VIDAL

Tal vez tamén che gusten