• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Nortones

Nortones son rock, rock atemporal sen etiquetas, nin modas, nin adxectivos, formados en 2015 por músicos experimentados, xente de directo, reais, transmitindo unha enerxía e complicidade que engancha. Eles son Steven Martin á batería (Jacobo Paz, Sós), Miguel Pan á guitarra (Insolvents, Roi O Xordo), a guitarra de Ricky Lee (Senda de Afra, Drivestones), as teclas de Anxo Seco (Cia Campillo, Rapabestas, Lesuitband) e a voz e guitarra de Juan Folla.

Un son que evoca a eses M-Clan dos inicios, a ese resaibo AC/DC e ese son americano de The Black Crowes, pero coa desvergoña de, por exemplo, Tequila ou Los Zigarros. Seriedade, profesionalidade e paixón polo que fan respírase, vese e escóitase no seu traballo.

Logo do seu álbum debut, “Nortones” (2016), lanzan en 2017 “Sobrenatural” tras unha máis que exitosa campaña de crowdfunding, un paso de xigante que confirma que van a por todas, fuxindo de correntes de moda momentáneas e pasaxeiras, dando aínda máis credibilidade a súa música.

Tendo en conta todos e cada un dos detalles (imaxe, son, directo) presentan o impresionante cineclip do tema “Salto al vacío”, dirixido por Pedro Folla e producido por Dreamovie.

Contratación

Arteaga Management
Héctor
658 595 961
arteagamanagement@gmx.es

Discografía

Sobrenatural

NORTONES

2017, Nortones

Nortones

NORTONES

2016, RockCd Records

Vídeos

Salto al vacio

NORTONES

Buenas Noches (Directo Acústico)

NORTONES

Quédate (Directo acústico)

NORTONES , CIA CAMPILLO

Sobrenatural (Directo acústico)

NORTONES

Tal vez tamén che gusten

MCarballo Band

The Cerne

Cool Funeral

En Casa del Herrero

Grand Soul Band

Los Hermanos Zapruder