• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
MCarballo Band

MCarballo, como os ritmos que dan entrada, un, dous, un, dous, tres, estabiliza o seu voo co seu terceiro disco “Mediados de abril”, despois de rodar pola pista de “On your Pillow” e despegar con “You knew it”, impulsado pola experiencia previa dos seus compoñentes. Colle altura con "Mediados de abril", un disco no que, tras comprobar que as dúas experiencias anteriores o puxeran onde quería estar, saca todos os sons e as melodías que non xorden á primeira, senón da madurez. E isto é o que cabe neste disco, non hai a rabia dun grupo que empeza, senón a chegada a un destino que as cancións foron marcando e no que fala melodías interpretadas coa soltura da música natal, propia.

Criado en Ourense, á ribeira do río Miño, oíndo o que aos lados do Mississippi cocían as xentes do blues, soubo desprazar os seus oídos a terras máis áridas para oír o country que sae do po do deserto, mollalo coa chuvia galega e, finalmente, como sempre foi desde que o mundo é mundo, desembocar nunha praia galega para cantalo ao mar baixo unha tormenta de sol, rock e auga doce.

“Mediados de abril” ofrécenos un son puro, que a distorsión da guitarra consegue manter limpo. Voz, guitarra, baixo e batería. Esa é a esencia, para que máis? Así se empeza. Ás veces a evolución non está no número de instrumentos, senón en saber cantos fan falta para dicir o que se quere. Non a toques xa máis, que así é a rosa, dicía o poeta.

Contratación

Manuel Carballo
(+34) 988 234 065 - (+34) 600 569 684
mcarballo@mcarballo.com

Discografía

Canciones desde el viejo café

MANUEL CARBALLO

2016, Arteficción discos

Mediados de abril

MANUEL CARBALLO

2013, Dubidá

You knew it

MANUEL CARBALLO TRÍO

2011, Zouma Records

On your pillow

MANUEL CARBALLO

2007, Zouma Records

Vídeos

Tirarse al mar

MCARBALLO / MANUEL CARBALLO

By Her

MCARBALLO BAND

The last nap together

MCARBALLO BAND

Siempre me haces sonreir

MANUEL CARBALLO

Tal vez tamén che gusten

En Casa del Herrero

Roger de Flor e Os Silvestres

Sinestesia

The Cerne

MadMartin Trío

Ray Porto & Las Cruces