• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Mega Purple Sex Toy Kit

Mega Purple Sex Toy Kit formouse en 2003 a partir das cinzas de varios grupos galegos de influenciados pola música dos sesenta. Emilio Prieto (batería), Marcos Santomé (baixo), Uxío Solla (guitarra), Fernando Vilaboy (Hammond) e Alfonso Espiño (voz), enseguida revolucionaron o panorama mod e psiquedélico estatal co seu aplastante directo, a súa imaxe impactante e as súas cancións enérxicas e directas, inspiradas nos primeiros Deep Purple, Pink Floyd ou Black Sabbath.

Comezaron a xirar por Galicia e España, acudindo aos festivais máis senlleiros do movemento sixties, como o Wet Dream (Valladolid, 2004), Euroyeyé (Xixón, 2005, compartindo cartel con The Yardbirds), Shake & Vibrate (Ourense, 2005) ou Purple Weekend, (León, 2005, compartindo cartel con The Zombies).

Na Semana Santa de 2006 actuaron no festival Le Beat Bespoké de Londres, xunto con The Horrors, The Remains e The Lyres, entre outros. Ao regresar a España, e no apoxeo da súa carreira, materializouse a separación da banda orixinal. Ao ano seguinte produciuse a primeira das reunións do grupo que, desde entón, con Ramón Saleta á batería, converte esas xuntanzas en eventos ocasionais.





Contratación

Alfonso Espiño
669 996 055
alfonsoespino@gmail.com

Discografía

Good Vibrators

MEGA PURPLE SEX TOY KIT

2018, Roctopus Tea Party Records

Vídeos

Get Out Of Here

MEGA PURPLE SEX TOY KIT

Tal vez tamén che gusten