• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

PortAmérica

PortAmérica PortAmérica

Contacto

(+34) 986 135 884
http://www.portamerica.es
info@esmerarte.com

PortAmérica

PortAmérica, aproveitando o poder dinamizador da cultura, conecta Europa e América co fin de atopar novas fórmulas de progreso económico e social a ámbolos dous lados do Atlántico.

Este proxecto parte da música como elemento de conexión entre culturas e combina tres elementos únicos, como son a cultura, o lecer e a innovación, a través dun cartel de artistas que reflicta de xeito fidedigno o espírito do festival: a converxencia da conexión Europa-América en Galicia, tamén dende o punto de vista cultural.

PortAmérica nace da necesidade que actualmente ten a sociedade de atopar solucións prácticas e eficaces. A poboación de Europa e América e o seu tecido empresarial reclaman novos modelos, novas fórmulas produtivas. Isto fai urxente aproveitar todo o talento que existe en ámbolos dous continentes para ofrecer alternativas que garantan un futuro sostible a ámbolos dous lados do Atlántico.

Esmerarte Industrias Creativas (Festival Cultura Quente, Vigo Transforma…) decidiu dar o primeiro paso neste senso, organizando PortAmérica, un novo modelo de festival que coa súa primeira edición marcou un punto de partida para xerar sinerxías e proxectos comúns a ámbolos dous lados do Atlántico, que se afianzan en 2013.

Promotores: Esmerarte Industrias Creativas S.L.

Ano de creación: 2012

Periocidade: Anual

Duración: Tres días

Lugar de celebración: Portas / Caldas de Reis (Pontevedra)

Datas aproximadas de celebración: 13,14 e 15 de xullo 2023

Tal vez tamén che gusten