• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA OS PREMIOS MIN 2019

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA OS PREMIOS MIN 2019
9 XANEIRO 2019

Vós, indies recoñecidos, tedes ata o 18 de xaneiro incluído para presentar a vosa candidatura aos Premios da Música Independente 2019. Os MIN, organizados pola Unión Fonográfica Independiente, recoñecen a creación, diversidade e calidade artística das producións independentes publicadas en España, ademais de dar a coñecer artistas emerxentes, achegar a música e o seu proceso de creación ao público, e consolidar o recoñecemento da actividade creativa.

Se eres artista ou profesional do sector con algunha gravación (álbum, EP ou single) publicada en 2018 por selos independentes ou autoeditada, inscríbete en premiosmin.com; discográficas, editoriais musicais, managers, ou mesmo ti, poden presentar a candidatura á web. Como novidade, este ano por vez primeira, haberá unha cota de inscrición «necesaria para seguir mantendo a súa viabilidade» de 10 € por candidatura en gastos de xestión e tramitación; os socios da UFi terán unha bonificación do 100 % sobre esta cota.

Nesta 11ª edición a UFI volve apostar pola participación activa do público, que será o primeiro en votar a partir (data aínda por concretar). Así, o público escollerá aos 30 semifinalistas de cada categoría entre todos os inscritos e, na seguinte fase, un xurado profesional seleccionará aos finalistas nomeados. Os gañadores daranse a coñecer na entrega de premios que se celebrará o 13 de marzo no Teatro Circo Price (Madrid).

Premiaranse 21 categorías:

Mellor Álbum • Mellor • Canción • Mellor Artista • Mellor Artista Emergente • Mellor Directo • Mellor Videoclip • Mellor Álbum de Pop • Mellor Álbum de Rock • Mellor Álbum de Músicas do Mundo • Mellor Álbum de Jazz • Mellor Álbum de Hip-Hop e Músicas Urbanas • Mellor Álbum de Flamenco • Mellor Álbum de Electrónica • Mellor Álbum de Música Clásica • Mellor Produción • Mellor Deseño Gráfico • Mellor Álbum en Catalán • Mellor Álbum en Galego • Mellor Álbum en Euskera • Mellor Artista Iberoamericano • Premio de Honra Mario Pacheco.

 

ℹ️ Bases

  noticias