• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

COMO SUMARSE A GALICIANTUNES.COM

Como sumarse a GalicianTunes.com
19 OUTUBRO 2015

Quen pode participar?

GalicianTunes.com é unha web promocional aberta a todos os artistas e grupos galegos de carácter profesional, calquera que sexa o seu estilo, así como a festivais e empresas que configuran a nosa industria musical.

Na plataforma son os propios artistas e grupos, empresas ou festivais os que xestionan os seus perfís.


Cales son os requirimentos?

Grupos e artistas: que sean galegos ou residentes en Galicia. Excepcionalmente, tamén aqueles que aínda que non reúnan algunha das dúas condicións anteriores, se destaquen publicamente por unha especial contribición á promoción da cultura e da música galegas.
Insustria musical: empresas domiciliadas ou con establecemento operativo na nosa Comunidade que desenvolvan a súa actividade profesional dentro do sector da música.
Festivais: todos aqueles que teñan a súa sede principal en Galicia.


Está ben, cumplimos as condicións. Agora que facemos?

Son 4 pasos:

Alta: Para a alta precisamos que nos enviedes a soporte@galiciantunes.com o nome do artista ou grupo, empresa ou festival tal como queredes que apareza na web e un correo electrónico de contacto.
Formulario: Tras a alta, enviámosvos os datos de acceso (usuario e contrasinal) a un formulario na web no que cubrir a información sobre o artista ou grupo, festival ou empresa. Esta información será a que apareza publicada en galiciantunes.com polo que é moi importante enchelo da forma máis exhaustiva posible. Pode cubrirse en varias sesións: ata que non apareza marcada a casa de “acepto as condicións legais” non comeza o proceso de revisión.
Revisión: Os datos do formulario revísanse para que todas as fichas respondan aos mesmos criterios editoriais polo que a súa publicación non é inmediata (24-48 horas).
Publicación: O perfil revisado publícase na web. Pero en calquera momento podedes acceder co voso usuario e contrasinal para incorporar nova información ou modificar a que xa hai.

E se en calquera momento tedes algunha dúbida ou pregunta, sempre podedes contactar con nós en soporte@galiciantunes.com.

A idea é sermos UN, así que agardamos que decidades sumarvos a esta crecente común unidade.

ETIQUETAS

  noticias