• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias dch

DESCUBRIR NOVA MÚSICA NON É SÓ BUSCAR NOVOS SONS, É TAMÉN ESCOITAR CON NOVOS OÍDOS

Descubrir nova música non é só buscar novos sons, é tamén escoitar con novos oídos
19 OUTUBRO 2015

De verdade coñeces a música que se fai en Galicia? Agora tes unha nova oportunidade para comprobarlo. Cada venres é un día de descoberta en galiciantunes.com. Na nosa canle en YouTube ou no noso perfil de Spotify atoparás novas listas de reprodución ou ben novas cancións engadidas ás que xa estean publicadas.

A idea é convidarte a explorar novos sons ou a escoitar con novos oídos músicas que xa coñecías (ou crías coñecer?). Listas para escoitar, pero tamén para que tires do fío dunha canción, dun artista ou dun estilo para que che leve a descubrir novas cancións, novos artistas e novos estilos que incorporar ás túas propias listas. É o espírito de galiciantunes.com en estado puro.

Gústache descubrir? Pois velaquí as listas publicadas ata o de agora:

Música alternativa (Spotify/YouTube): Unha lista pouco ortodoxa sobre a heterodoxia.
Jazz (Spotify/YouTube): A lista para os amantes do jazz. En especial para aqueles que aínda non saben que o son.
Folk/World Music 2015 Singles (Spotify): Lista con singles das novidades discográficas de 2015 en folk/world music.
Folk/World Music (Spotify): Un panorama atemporal sobre as diferentes tendencias do folk/world music feito en Galicia.

E se queres saber máis de cada un dos artistas ou grupos das listas, podes buscalos na web: están todos.

  noticias dch