• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Chamaquito Pistolas

Chamaquito Pistolas é un músico e rockautor galego, agora fincado en Madrid, que chega desde a Fin do Mundo cun saco cheo de cancións nas que conta a ritmo de rock, valse, tango, blues ou rancheira os seus pensamentos, aventuras e inquietudes, sendo o punto forte destas os seus textos profundos nos que cada palabra está escollida con sumo coidado e delicadeza.

En marzo do 2018, tras máis dun ano vivindo en Madrid e movéndose dentro do circuíto de novos cantautores, sae á luz “Humano” (2018), terceiro traballo de estudio no que, unha vez máis, está acompañado por Las Balas Perdidas, a súa banda habitual.

Gravado e mesturado por Tomás Ageitos en Estudio A Ponte (Santiago de Compostela) en cinco sesións entre maio e decembro, masterizado polo Doctor Chou e producido polo propio Chamaquito Pistolas, poderíase dicir que, ata a data, ”Humano” é o seu traballo máis persoal, no que explora novas formas de traballar, indo por camiños non transitados nos seus discos anteriores, como a gravación da banda en vivo, tocando todos á vez no estudio, a experimentación con novos sons ou a presenza de dous temas sen Las Balas Perdidas nos que o artista mostra o seu lado máis íntimo.

Contratación

Chamaquito Pistolas
Nando Pérez
627 642 631
chamaquitopistolas@gmail.com

Discografía

Humano

CHAMAQUITO PISTOLAS

2018, Chamaquito Pistolas

Deep Galician (Da Fin do Mundo á Galicia Profunda)

CHAMAQUITO PISTOLAS

2015, Chamaquito Pistolas

O Ollomol

CHAMAQUITO PISTOLAS

2013, Chamaquito Pistolas

Vídeos

Humano

CHAMAQUITO PISTOLAS

Oscura Luz

CHAMAQUITO PISTOLAS

Historias de Tren

CHAMAQUITO PISTOLAS

Muñeca de Cera

CHAMAQUITO PISTOLAS

Tal vez tamén che gusten

Gold & Colt

Roger de Flor e Os Silvestres

Denis Carballás

En Casa del Herrero

MadMartin Trío

MCarballo Band