• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Sickeeper

Sickeeper é unha banda de metal con sede en Betanzos, creada oficialmente en 2015. Os seus integrantes actuais son Lucas Blanco (voz principal, guitarra), Iván Vázquez (baixo, coros), Jairo Moreno (batería) e Iván Pardo (teclados).

Na súa traxectoria compartiu escenario con bandas como Hamlet, Reincidentes, Síncope e Tálesien entre outros.

En 2018 sacan o seu primeiro álbum homónimo con 13 temas, sempre con música orixinal. En 2019 quedan primeiros finalistas do certame de bandas nacional Ugena Rock - José Cabrera, e ese mesmo ano recibe de parte do Concello de Betanzos un trofeo en recoñecemento pola súa traxectoria musical.

Non é ata 2025 que saca o seu segundo álbum de estudio, “Acclaim the Machine”, con nove temas, tamén de música orixinal.

Apareceu en medios como a TVG, TVE; en xornais como La Voz de Galicia, La Opinión ou El Ideal Gallego; e en radios como RadioVoz ou CuacFM.

Contratación

Lucas Blanco Álvarez
648 823 717 - 625 111 186
sickeeper@gmail.com

Discografía

Acclaim the Machine

SICKEEPER

2025, Rock CD Records

Sickeeper

SICKEEPER

2018, Rock CD Records

Vídeos

Dominion

SICKEEPER

Pay or Die

SICKEEPER

Our Song

SICKEEPER

Tal vez tamén che gusten