• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Falconetics

Falconetics é o nome do proxecto musical que xurde ao longo da pandemia do 2020 na mansión Falcon (Arteixo), lugar no que pasan o confinamento Tío T. e Dr. Juhh, alias Zoobliminal.

Entre os muros da súa guarida xerminan as letras que tornarán en rimas, e se moldean os sons que tornan en ritmos para dar lugar a un ente sonoro que camiña entre o rap dos noventa e o hip-hop experimental. Armados cun MPC de AKAI e un micrófono, estos dous veteráns rapeiros do noroeste, que comezaron a súa andaina no hip-hop antes do 2000 en proxectos como Lo Puto Máximo, delHämpa e Overgrounz, analizan a súa propia existencia e a materializan no estudio en pistas de audio.

Rap de albornoz e chanclas, de whisky con xeo, co nordés curtindo a pel e amenceres fronte ao mar sen tocar a sabas. O pasado e o futuro unidos por unha corda sobor da que camiñan facendo equilibrio sen máis que os brazos abertos tentando de acadar a estabilidade.

Falconetics é a nave nodriza nesta viaxe intergaláctica.

Discografía

Neighbourhood EP

ROI & FALCONETICS

2025, Fanzine Records

Spam Remix

MAEFIELD, ZOOBLIMINAL

2025, Zoobliminal

Golden Era

LLISU FEAT FALCONETICS

2024, Zoobliminal

Spam

FALCONETICS

2024, Zoobliminal

PRICELE$$ (Lefrenk Remix)

FALCONETICS

2024, Zoobliminal

Xuntanza vol. IV

ROI FEAT FALCONETICS

2024, Fanzine Records

Priceless

FALCONETICS

2022, Zoobliminal

Tengo los días contados

FALCONETICS

2022, Zoobliminal

Vídeos

FALCONETICS - SPAM (MAEFIELD REMIX)

Metalera Golden Era

FALCONETICS, LLISU

PRICELESS (PROD. ZOOBLIMINAL)

FALCONETICS

ZERO (PROD. ZOOBLIMINAL)

FALCONETICS

Tal vez tamén che gusten