BEN RICHARDS JR (metade home, metade porco) é o proxecto persoal e anónimo dun pioneiro das vellas xeracións do punk rap galego desde 1995.Desde 2010, este ourensán entréganos un capítulo anual da súa visión da sociedade actual, cunha versatilidade sorprendente, creando un personaxe ficticio: un rapeiro porco que vén avisando coas súas profecías do camiño que leva a nosa sociedade.A súa música está chea de baterías electrónicas, caixas de ritmos con cheiro aos 80, baixos e sintetizadores futuristas que se mesturan coas súas letras comprometidas e controvertidas, desbordantes de ironía e que non deixan monicreque con cabeza, lanzando mensaxes que atizan coma un látego nas nosas conciencias.Neobufón, xograr ou xenio, combinación de músicas urbanas, rap, electrónica, rock ou punk, escóitanse nos seus discos.Neste mes de marzo de 2026 presenta o seu traballo máis rabioso e violento, “Romántico cabrón 3 (Sálvese quien pueda)”, no que narra a crúa realidade do mundo que nos tocou vivir e das relacións sociais decadentes. Sen dúbida, o máis abraiante de todos, que vén cargado de odio, de rancor e de disparos a queimarroupa no peito infame das traizóns, do desamor e da vida: un verdadeiro axuste de contas.Seguimos sen coñecer a súa verdadeira identidade: non ten redes sociais activas, non fai promocións... Trátase dunha proposta atrevida, icónica do absurdo, unha trapallada sorprendente, como el mesmo se define, pero sen dúbida unha afiada crítica da nosa sociedade e do panorama musical actual.Longa vida ao XIGANTE!
Contratación
ACI Produccions Ourense airbeto@hotmail.com
