
Holgado é Barcalés, aínda que o levaron a nacer a Santiago; tardou moito en andar e fixo a comunión cos Padres Escolapios. Leva 20 anos facendo música encomendado a San Cristovo e Santa Margarida quen, por desgraza, nunca foron moi milagreiros.Neses 20 anos tivo tempo de gravar catro discos, xirar pola península, cantar na televisión, facer o himno do mellor festival que hai, e beber moito Ricardhú, que é como lle chaman ao licor café que fai o seu tío Ricardo.
Contratación
Casa PonteKeko Ponte 675 085 147 keko@kekoponte.com