• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Digital Mother

Digital Mother, o dúo formado polo letrista e vocalista Luis Boullosa e o produtor multiinstrumentista Manu G. Sanz, presenta un novo universo musical marcado pola unión do humano e o dixital, onde as paisaxes sonoras industriais se cruzan con melodías folk, voces fragmentadas e atmosferas oníricas.

O seu traballo transita de forma natural entre o acústico e o procesado, construíndo atmosferas de tensión suspendida, silencios que importan tanto como os propios sons e momentos nos que a beleza emerxe como un raio dentro da escuridade sonora. Tras a experiencia previa en varios proxectos na escena galega, Luis e Manu atoparon en Digital Mother unha voz única, capaz de combinar influencias moi diversas como o folk industrial, a electrónica experimental, o pop mutante, o ambient, o Vapor Wave e o noise. Xogan con ambientes densos, espazos abertos e latentes, drons, procesamentos de voz, efectos electrónicos, sons ambientais, ruído tenue e percusión sutil e precisa. As letras de Digital Mother móvense nun territorio poético e evocador onde o íntimo e o global se cruzan. Falan de distopías e mundos alterados, de paisaxes emocionais contaminadas pola tecnoloxía, xerando atmosferas que oscilan entre o humano e o artificial.

Contratación

Discografía

The Healing Wars Vol. 2: Programmer is Dead

DIGITAL MOTHER

2025, Orphan Records

The Healing Wars Vol. 1: Enter the Meta-Pyramid

DIGITAL MOTHER

2023, Orphan Records

Big Pacific Blue

DIGITAL MOTHER

2021, Orphan Records

Vídeos

Lower Forms of Life

DIGITAL MOTHER

Methacrylate Meta Pyramid

DIGITAL MOTHER

Big Pacific Blue

DIGITAL MOTHER

Tal vez tamén che gusten