• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Dani Cornes

Dani Cornes é cantautor e músico de Ogrobe, que polos Reis de 2005 pediu unha guitarra que a día de hoxe aínda conserva. Pisou sempre escenarios pequenos durante a súa adolescencia, mesmo coqueteando coa viralidade nalgunhas ocasións, pero non foi ata a publicación do autoeditado “Días Rosas” en 2018 que o seu proxecto musical empezou a coller forza.

Desde entón, en abril de 2025 lanzou “Aquí sempre tes casa”, un sinxelo sobre o desarraigo, a identidade e a pertenza, e en xullo, “Arredor de ti”, unha cumbia que mestura a guitarra clásica coa electrónica para falar dunha ruptura a través de pantallas e transporte público. Tivo o inmenso pracer de telonear a Dorian na Festa do Albariño en 2022, ou de abrir a xornada do sábado no Atlantic Fest de 2023.

A súa música mestura elementos clásicos de cantuator, como son a guitarra e a lírica persoal e cotiá, con elementos máis electrónicos, desde sintes ata gravacións de campo e baterías sintetizadas. As súas letras tratan de identidade, amor e desamor, amizades, o verán, e incluso da transición.

Contratación

dotbeat!
Patricia Hermida
674 956 338
contratacion@dotbeat.es

Discografía

Aquí sempre tes casa

DANI CORNES

2026, dotbeat!

Días Rosas

DANI CORNES

2018, autoeditado

Vídeos

Non vos tedes que alarmar

DANI CORNES

Arredor de ti

DANI CORNES

Aquí sempre tes casa

DANI CORNES

Tal vez tamén che gusten