• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Brais Ninguén & Couto 90

Despois de máis de 10 anos experimentando co reggae en distintas bandas, proxectos e soundsy-stems, en 2023 Brais Ninguén (Ourense, 1991) independízase totalmente na creación musical para dar forma ao seu novo proxecto.

Nel, o reggae mestúrase con distintas influencias musicais, de estruturas progresivas, ritmos cam-biantes e psicodelia, buscando romper coas expectativas e clichés do xénero, sen perder a esencia nin o respecto cara á música reggae.

Para levalo ao directo forma, xunto con amigos e novos coñecidos, a banda: o Couto 90. E ao lon-go do 2025 gravan xuntos o seu primero álbum: “Roots & Shadows”.

“Roots & Shadows”, ademais de ser a súa carta de presentación, é toda unha declaración de inten-cións: unha viaxe musical que parte do roots reggae máis profundo e transita por distintas atmos-feras sonoras, explorando o escuro, o jazz, o funk e a psicodelia. Dez cortes que falan das raíces que nos manteñen cos pés na terra e das sombras que nos destrúen, onde, por encima de todo, prima a música.

“Roots & Shadows” xa está dispoñible en formato dixital en todas as redes e en vinilo.

Contratación

Brais Nájera Losada
692 749 799
braisninguen@gmail.com

Discografía

Roots & Shadows

BRAIS NINGUÉN & COUTO 90

2025, Couto90

Vídeos

No return

BRAIS NINGUÉN & COUTO 90

Deep Roots

BRAIS NINGUÉN & COUTO 90

Tal vez tamén che gusten