Julio Vellaré é un artista independente nado en Colombia, criado en Ferrol e afincado actualmente na Coruña. A súa proposta musical transita entre o pop escuro e a electrónica, con influencias do darkwave e do rock.A súa música nace da necesidade de transformar vivencias, emocións e pensamentos en cancións, creando un universo propio no que as melodías pop se mesturan con atmosferas escuras e envolventes.En setembro de 2026 ve a luz "Crónicas del dolor a medianoche", o seu primeiro EP e o punto de partida oficial do proxecto. O traballo reúne unha serie de cancións marcadas pola noite, a dor e a nostalxia.O primeiro adianto do EP é “El Futuro”, un tema que reflexiona sobre a incerteza e sobre a sensación de camiñar cara a un futuro cada vez máis imprevisible, nun mundo dominado polo caos e a inestabilidade.
Contratación
Julio Vellaré 658 411 430 juliovellare@gmail.com
